top of page
22528392_10155208417612893_9164319198322

Nelson 
Quinteiro
Producións 

"Música, danza e animación. Experiencias emocionantes que fan vibrar e celebran a vida e a ledicia de vivir"

Proxecto cultural e compañía multidisciplinar lideradas por Nelson Quinteiro, con máis de 20 anos de formación e experiencia no mundo artístico. Desde o escenario ata a xestión e consultoría de contidos culturais, colaboramos cunha ampla gama de entidades e institucións. Especializámonos na creación de experiencias temáticas que fusionan a música, a danza e o teatro, combinando perfís excepcionais con ideas creativas innovadoras. Desde espectáculos de cabaré e teatro de rúa ata propostas infantís e música popular, abarcamos o ciclo festivo do ano. Contamos cunha ampla traxectoria en comunicación corporativa, street márketing e animación para todos os públicos.

O noso obxectivo é ofrecer experiencias emocionantes que che fagan vibrar, participar e celebrar a vida e a alegría de vivir.

Xa sexa con espectáculos propios ou adaptados ás túas necesidades específicas, estamos aquí para proporcionarche todo o que requiras a medida das túas expectativas e mensaxes a comunicar."

001.jpg

"A nova tempada escénica inaugúrase con gran enerxía e entusiasmo, co propósito de presentarche todas as nosas propostas activas e aquelas en as que estamos a traballar para facer do período 2023-2024 un curso repleto de vibracióne  celebración.

Descobre quen somos, a nosa traxectoria máis recente, o noso elenco e todas as nosas producións, así como as propostas que celebran o ciclo festivo do ano.

O noso catálogo está cheo de ideas frescas, de novos horizontes, marcando o inicio dun novo ciclo, un enfoque renovado no noso traballo e as nosas accións, apoiado por un equipo renovado e unha ilusión desbordante.

¿Gustaríache coñecernos máis a fondo?

Todas as nosas propostas activas

en Galicia para o ciclo 23-24

Todas nuestras propuestas activas

en el resto de la península para el ciclo 23-24, en castellano, tanto el dossier como las propuestas escénicas de danza, música y teatro

A Boa Vila conmemora a Revolução dos Cravos cantando 'Grândola, Vila Morena'
02:23

A Boa Vila conmemora a Revolução dos Cravos cantando 'Grândola, Vila Morena'

Este martes 25 de abril de 2023, o Ateneo de Pontevedra organizou un acto conmemorativo da Revolução dos Cravos​ coa convocatoria da cantata comunal "Grândola, Vila Morena", que tivo lugar ás sete da tarde, na confluencia das rúas Alhóndiga, Dona Tareixa e Don Filiberto (entre o Teatro Principal e a Casa das Campás), con gran presenza de público A agrupación musical Mais Cantos, dirixida por Nelson Quinteiro, interpretou varias cancións tradicionais portuguesas ademáis da popular canción de José "Zeca" Afonso que foi escollida polo Movemento das Forzas Armadas (MFA) para ser o segundo sinal da Revolución dos Caraveis de Portugal. A canción fai referencia á fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentejo, e o público asistente a este acto en Pontevedra ergueu os caraveis para cantar a letra empregando os pasos laterais do baile que se asocia coa simbólica peza. Na madrugada do 25 de abril de 1974 a canción foi retransmitida na Rádio Renascença, a emisora católica portuguesa, como sinal para a confirmación do inicio da revolución. Esta canción converteuse nun símbolo da revolución que derrotaría á ditadura de Salazar e daría liberdade a Portugal e ao seu inmenso imperio colonial. As forzas do exército portugués organizadas polo MFA foron as encargadas de conseguir a liberdade co apoio do pobo que as acubillou coa colocación de caraveis vermellos nas bocas dos canóns dos tanques e os fusís dos soldados.
bottom of page