3P0A3243 copia | NELSON QUINTEIRO JL RUA FLORAL | RUA_4574 |
---|---|---|
RUA_5712 | _BAS3652-1 | |
340666761_245718031205506_57793906591568619_n | _REP1343-1 | |
370545682_10231647220867815_4024196440150540803_n | 3P0A6925 copia | |
Chan |
NELSON QUINTEIRO
Nelson Quinteiro Producións é un proxecto cultural e artístico desenvolto polo polifacético artista Nelson Quinteiro no que conflúen máis de 20 anos de formación e experiencia no mundo artístico, tanto como profesional sobre os escenarios como na xestión e consultoría de contidos culturais para todo tipo de institucións.
Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela (97-2002) e Master Oficial en Musicoterapia pola Universidade Internacional de La Rioja Unir (2023-24) completa a súa sempre continua formación en múltiples áreas artísticas (danza, música, teatro, cabaret, clown, artista de hospital), que o levan a un marcado recoñecemento, sobre todo como fervello e dinamizador cultural. A este nivel, ao longo destes anos realiza diversos cursos para mellorar as súas competencias como “Emprendemento en industrias culturais" (Fundación Paideia, Escola de Organización Industrial), “Xestión do talento” (HayGroup, Instituto de Empresa de Madrid), “Dinamización cultural” (Concello de Pontevedra) ou Cursos de Verán da Universidade Internacional Menéndel Pelayo, entre outros.
Un dos seus perfís máis recoñecido a nivel estatal é o de cabaretero, como director e programador de todas as edicións do "Festival Galego de Cabaré" (12 edicións, dende 2006 a 2021) editando o libro "Pequeno Manual das Artes Perversas" (Primeiro tratado teórico sobre cabaret contemporáneo), programando contidos de festivais como "Compostela Carpa Cabaré 2009", "Cabaré Cabaré! 2021" (Excmo Concello de Pontevedra) ou participando en eventos como o I Festival Iberoamericano de Cabaret o Cabaret Flotante ou o FestiMAD de Madrid.
Como músico e intérprete de música tradicional galega publicou os discos "Orquestra Gharbo!" (2014) e Músicas de Domingo" (2019), ten participado en programas como “Luar”, "Que nos pille rebolando", "Fun polo vento" ou "A Tarde" da Televisión de Galicia, ou dirixido innovadoras iniciativas como o programa "Supercantos 2017" do Excmo Concello de Pontevedra, ou creado a iniciativa "Mais Cantos" na que coordina a músicos profesionais e afeccionados ao canto para organizar experiencias festivas relacionadas coa música popular con grupos activos en Poio, Pontevedra e Marín.
Desde o ano 2017 formouse e certificouse como artista de hospital por medio da Fundación Theodora, chegando a ser "Doctor Sonrisa Senior" por medio da súa personaxe "Doctor Logaritmo" e traballando en hospitais públicos de toda Galicia e proxectos a nivel estatal.
No mundo do terceiro sector, actualemente traballa en diferentes proxectos de musicoterapia con persoas maiores nas residencias públicas de Campolongo (Pontevedra) e Marín e na Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer (AFAPO) en Pontevedra e Marín.
Actualmente é profesor das actividades "Musicoterapia. Música para a Felicidade" e "Intervencións Artísticas no Ámbito Hospitalario" na Universidade Nacional de Educación a Distancia, UNED, Campus de Pontevedra.
A partir de setembro de 2024 emprende unha colaboración coa Fundación SGAE dentro do proxecto "Barraca XXI" para levar Musicoterapia, movemento e cabaré aos usuarios ambulatorios/as do Hospital de Saúde Mental de Conxo, Santiago de Compostela.
Durante todos estes anos creou e dirixiu propostas moi diversas en toda Galicia, como o espectáculo de música e danza “Gharbo!" (2012) en co-produción co Centro Coreográfico Galego, "Brancas. Itinerario Escénico Urbano" (2012, para a Noite Internacional dos Museos da Coruña),"Portamérica Circo Cabaret" no Festival Portamérica 2016, "Pequeno Circo de Nadal" en Rianxo (2016 – 2018) e Salceda de Caselas (2019-2023), o Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiros O Pîñeiro (2017-2022),"Parranda & Trucks” en Portonovo (2017, 2018) ou "Pequeno Circo de Entroido en María Pita" na Coruña (2017, 2018) entre moitas outras.
...