Segundo traballo discográfico de Nelson Quinteiro da man do pianista Brais González.
Músicas de raíz e xogo de latitudes. Vibrante, evocador, tradicional e moderno. Pezas de grande sensibilidade galega e universal.
11 temas de música tradicional galega levada a un eixo de coordenada moi especial e sorprendente. Temas que conmoven e fan viaxar.
Un constante xogo de latitudes que fai das pezas de tradición oral galega algo incomensurablemente universal.
Coas colaboracións especiais de Blas Castañer e Roi Adrio na percusión, Erea Carbajales Molina ao violín, Raquel Miguélez ao contrabaixo, e David Álvarez Caneda ao acordeón.
O traballo foi gravado nos Estudios da Fundación SGAE Arteira Noroeste de Santiago de Compostela durante a primavera de 2019 e editado e masterizado por Gerardo Amigo, quen xa se fixera cargo da producción do primeiro disco "Orquesta Gharbo".
Co traballo “Músicas de Domingo” (2019) consiguen un directo de grande calidade e moi emocionante. Pezas dunha contundencia emocional sen comparación. Unha experiencia pensada para sala, teatro, salón, auditorio, praza, museo, espazo non convencional en calquera parte do mundo, co engado do noso piano de cola ao vivo. Unha tarxeta de visita da música galega cunha factura impecable.
O disco foi seleccionado como finalista aos prestixiosos XIX Premios OPINIÓN de Músicas de Raíz
nas categorías de Mellor Artista grazas ao piano de Brais González e Mellor Adaptación dun tema tradicional grazas ao traballo compositivo e de arranxos da Xota do Norte.
Vituco Neira
Radio Galega >
"Un Quinteiro que deixa claro de onde é e de onde vén, sempre deixando a xanela aberta a ventos doutras latitudes que enchen de osíxeno e fan perder o norte da escoita con certa facilidade poñéndote nunha viaxe especialmente singular
Emilio Españadero
LUME NA PALLERA Radio Galega >
Unha auténtica marabilla musical. Un experimento que sona MOI pero que MOI ben.
Dende aquel grande "Orquesta Gharbo" chega o non menos grande "Músicas de Domingo" con Brais González.
Antón Rebollido
A TARDE Radio Galega >
"Nelson, tés unha voz fermosísima. Todo o que rodea a este traballo, o piano de cola, os artistas que se embarcaron en este proxecto... Todo fai que vos saíra un disco redondo".
Fernando Íñiguez
TARATAÑA Radio 3 RNE
"Un disco muy bonito, un universo sonoro evocador y hermoso"
Marta Gómez
ZIG ZAG Televisión de Galicia >
"Un disco que reinterpreta as músicas de raíz xunto ao pianista Brais González. Temos moitas ganas de escoitalo en directo. Moitas grazas por este disco".