top of page
021.jpg

A musicoterapia é o emprego profesional da música e dos seus elementos (ritmo, melodía, forma, armonía) como unha forma de incidir nos ambientes médicos, sociocomunitarios, educativos, familiares como un xeito de conseguir melloras nos aspectos físicos, psicolóxicos, emocionais, de comportamento ou espirituais e como medio de acadar maior benestar.

 

A Organización Mundial da Saúde (OMS) recoñece a importancia das terapias artísticas e da musicoterapia como medio de humanización dos ambientes sociais e sanitarios, e a disciplina artéllase como un conxunto de métodos, estraxias, técnicas e consignas estandarizadas e reguladas según os contextos sociais e políticos das rexións onde se realicen. (WFMT, 2011).

 

Dende o ano 2017 Nelson Quinteiro especialízase nas intervencións artísticas no ámbito hospitalario empregando a música como principal recurso, ademais e poñer a andar as súas propias iniciativas de musicoterapia social e con persoas maiores en Residencias Públicas e entidades de traballo con persoas con Alzheimer. No ano 2023 comeza a impartir aulas como docente na Área de Extensión Académica da UNED, Pontevedra, e titúlase co Master Oficial en Musicoterapia da UNIR (Universidad Internacional de La Rioja). 

Consulta as propostas en Musicoterapia

dispoñibles EN GALEGO

Consulta las propuestas en Musicoterapia

disponibles EN CASTELLANO para todo el Estado y a nivel internacional

bottom of page