O Pequeno Circo de Nadal volve un ano máis ao Concello de Salceda de Caselas da man de Nelson Quinteiro Producións, este ano con novo formato e programación dende o 26 ao 29 de decembro para espallar a ledicia nun dos concellos con máis nenos e nenas de Galicia!
Entren! Vaian pasando!
Achéguense ao espectáculo, nenos e nenas, damas e cabaleiros!
A Concellería de Cultura do Concello de Salceda de Caselas ten o pracer de presentarlles novamente, por cuarto ano consecutivo, o programa "PEQUENO CIRCO DE NADAL" que se celebrará os días 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2022.
Unha proposta que partindo dun fermoso teatriño instalado na carpa de Nadal da Praza do Concello ten como obxectivo dinamizar as festas máis doces do ano atendendo as mellores e máis esixentes expectativas do público infantil e familiar.
Pasen! Pasen e vexan! Corran!
Aquí poderán atopar cantantes de panxoliñas, elfos e trasnos de Nadal chegados dende o Polo Norte, músicos/as, artistas de circo, malabaristas, acróbatas, paiasos, gaiteiros, contacontos e demais funambulistas.
Ata un artista de hospital, moi especial, nunha proposta benéfica por medio da Fundación Theodora grazas á cal os Doctores e Doctoras Sonrisa visitarán a 50 nenos e nenas nos hospitais galegos!
Déixense engaiolar pola maxia do Nadal!
Benvidos/as ao Pequeno Circo de Nadal!
Luns 19 de decembro
12:40 h Visita escolar dos TRASNOS DE NADAL no Colexio Altamira
Luns 26 de decembro
10:00 h Montaxe e decoración da carpa
13:00 h Pasatabernas cos TRASNOS DE NADAL
17:00 H Actividades de lecer na Carpa de Nadal da Praza do Concello
18:00 h Espectáculo: EN CONCERTO COS TRASNOS DE NADAL
Cia Nelson Quinteiro (Galicia)
Martes 27 de decembro
11:00 h Actividades de lecer na Carpa de Nadal da Praza do Concello
12:00 h Espectáculo: OS TOLOS RITMOS DO DOCTOR LOGARITMO
Fundación Theodora (España-Suíza)
Espectáculo solidario grazas ao cal os Doctores/as Sonrisa da Fundación Theodora visitará a mais de 50 nenos e nenas nos hospitais galegos
17:00 H Actividades de lecer na Carpa de Nadal da Praza do Concello
18:00 h Espectáculo: COMEDIANTE
Cia Kicirke (Burgos)
Mércores 28 de decembro
12:00 h Pasarrúas e Pasatabernas cos TRASNOS DE NADAL
Cia Nelson Quinteiro (Galicia)
17:00 H Actividades de lecer na Carpa de Nadal da Praza do Concello
18:00 h Espectáculo: CIRCANELO
Cia N+1 (Galicia)
Xoves 29 de decembro
11:00 h Actividades de lecer na Carpa de Nadal da Praza do Concello
12:00 h Espectáculo: EL ÚLTIMO REGALO
Cia O TITIRIBAILE (Galicia-Palencia)
17:00 H Actividades de lecer na Carpa de Nadal da Praza do Concello
18:00 h Espectáculo: BACKSTAGE
Cia NegroLópez (Galicia)
Damos por fechado o noso calendario de Nadal con un mes de decembro cheo de pasarrúas con trasnos de Nadal, Apalpadores Xigantes, visitas escolares, Papá Noel, Bosque de Nadal ou producións temáticas para estas festas!
Volvímolo facer!
Moitas grazas, un ano máis, por confiar en nós!!!!
Xa non nos quedan prácticamente datas para as nosas producións de Nadal!
Este ano os Trasnos de Nadal, os Apalpadores Xigantes, as encomendas globais ou as producións propias enchen o calendario ata a véspera de Reis.
Estaremos en Poio, Pontevedra, Teo, Sada, Salceda de Caselas, Ponteareas, Muros, Zas, en Viveiros O Piñeiro, na Cidade da Cultura de Galicia, e seguiremos creando ilusión e levando ledicia ás rúas, ás prazas, aos colexios, ás residencias de persoas maiores, ás carpas do Nadal, aos teatros e auditorios.
Xa temos todo preparado!!!
Este ano o Nadal chega con máis forza ca nunca!!!!
Este ano os TRASNOS DE NADAL son máis musicais que nunca. Unha banda magnífica para poñer banda sonora a un Nadal único!
O NOSO NADAL 2022.
Datas confirmadas!
Venres 11 e sábado 12 de novembro
Mañá e tarde
Viveiros O Piñeiro (Pontevedra)
ESTREA DA PEZA DE MICROTEATRO
E CONTACONTOS DO BOSQUE DE NADAL
Venres 18 e sábado 19 de novembro
Mañá e tarde
Festival O BOSQUE DE NADAL
Viveiros O Piñeiro (Pontevedra)
"COLORÍN COLORADO".
MICROTEATRO E CONTACONTOS
DO BOSQUE DE NADAL
Sábado 26 de novembro.
Horario de tarde
Festival O BOSQUE DE NADAL
Viveiros O Piñeiro (Pontevedra)
Venres 2 de decembro
Horario de tarde
ACENDIDO DE LUCES DE NADAL
CON MAIS CANTOS
Concello de Marín
Sábado 3 de decembro.
Horario de maña
PARAGUADA MULTICOLOR
Día Internacional das personas con discapacidade
Concello de Pontevedra
Horario de tarde
Festival O BOSQUE DE NADAL
Viveiros O Piñeiro (Pontevedra)
Sábado 10 de decembro.
Horario de tarde
Festival O BOSQUE DE NADAL
Viveiros O Piñeiro (Pontevedra)
Luns 12 de decembro.
18:00 h
ACENDIDO DE LUCES DE NADAL
COS TRASNOS DE NADAL
Concello de Sada
De luns 12 a venres 16 de decembro.
Horario de mañá
NADAL NO CONCELLO DE POIO
VISITAS ESCOLARES DOS TRASNOS DE NADAL:
Luns 12
10:30 h Escola Infantil Saíñas
12:00 h CEIP Lourido
Martes 13
10:00 h CEIP Isidora Riestra
12:00 h CEIP Chancelas
Mércores 14
10:00 h A Galiña Azul
10:30 h Trastes
12:10 h CEIP Viñas
Xoves 15
10:00 h Escola Infantil O Vao
Venres 16
12:30 h CEIP Espedregada
Sábado 17 de decembro.
Horario de tarde
EN CONCERTO COS TRASNOS DE NADAL
CIDADE DA CULTURA DE GALICIA
Santiago de Compostela
Domingo 18 de decembro.
12:00 h
EN CONCERTO COS TRASNOS DE NADAL
Formato itinerante
Vilagarcía de Arousa
Martes 20 de decembro.
De 11:30 a 13:30
ACTUACIÓN DE MAIS CANTOS
FESTA DE NADAL DE AFAPO
Asociación de familiares de persoas
con Alzheimer de Pontevedra
Mércores 21 de decembro.
De 17:30 a 19:30
NADAL EN POIO
PASARRÚAS DOS TRASNOS DE NADAL
Combarro, Casalvito, O Sartal
Xoves 22 de decembro.
De 11:30 a 13:30
NADAL EN POIO
PASARRÚAS DOS TRASNOS DE NADAL
A Reiboa, A Seca, Mosteiro e A Seara
Dende as 17:30
NADAL EN PONTEVEDRA
XIGANTÓNS DO APALPADOR
Venres 23 de decembro.
De 11:30 a 13:30
NADAL EN POIO
PASARRÚAS DOS TRASNOS DE NADAL
Campelo
NADAL EN TEO. Horario de tarde
APALPADORES XIGANTES
+ APALPADORIÑOS. Pasarrúas
Rede Cultural Excma Deputación da Coruña
Sábado 24 de decembro.
De 11:30 a 13:30
NADAL EN PONTEAREAS
EN CONCERTO COS TRASNOS DE NADAL
Formato itinerante
Do luns 26 ao xoves 29 de decembro.
Todo o día
PEQUENO CIRCO DE NADAL
EN SALCEDA DE CASELAS
Martes 27 de decembro.
Horario de tarde.
NADAL NO CONCELLO DE PONTEVEDRA
OS APALPADORIÑOS
Mércores 28 de decembro.
Horario de tarde.
NADAL NO CONCELLO DE POIO
EN CONCERTO COS TRASNOS DE NADAL
Horario de tarde
Carpa da Seca
Xoves 29 de decembro.
De 11:30 a 13:30
NADAL NO CONCELLO DE PONTEVEDRA
PASARRÚAS DOS TRASNOS DE NADAL
Venres 30 de decembro.
De 11:30 a 13:30
NADAL EN POIO
PASARRÚAS DOS TRASNOS DE NADAL
A Barca, Poio Pequeno, Lourido
A partir das 17:30 h
NADAL EN PONTEAREAS
XIGANTÓN DO APALPADOR + GAITEIROS
Formato itinerante
Sábado 31 de decembro.
De 11:30 a 13:30
NADAL EN POIO
PASARRÚAS DOS TRASNOS DE NADAL
Raxó e Samieira
Luns 2 de xaneiro
NADAL EN MUROS
XIGANTÓNS DO APALPADOR
+ APALPADORIÑOS
Martes 3 de xaneiro
NADAL EN MUROS
OS TRASNOS DE NADAL
Martes 3 de xaneiro
Horario de tarde
NADAL NO CONCELLO DE PONTEVEDRA
XIGANTÓNS DO APALPADOR
Mércores 4 de xaneiro.
Horario de mañá
NADAL NO CONCELLO DE PONTEVEDRA
PASARRÚAS DOS TRASNOS DE NADAL
Horario de tarde.
NADAL EN POIO.
MAIS CANTOS DE REIS
Coa participación de Fentos e Frouma
Carpa da Seca.
Xoves 5 de xaneiro.
Horario de tarde
RECEPCIÓN DAS SSMM OS REIS MAGOS
EN CONCERTO COS TRASNOS DE NADAL
Carpa de Nadal en Baio
Concello de Zas (Reserva)
-