ORQUESTA GHARBO!
Orquestra Gharbo! é o primeiro disco profesional de Nelson Quinteiro, gravado grazas aínda proxecto de crowdfunding a través de verkami nos Estudios das Fundación SGAE Arteria Noroeste de Santiago de Compostela, con producción técnica de Gerardo Amigo e publicado como unha autoproducción por medio de Inquedanzas Sonoras en xaneiro de 2014.
Neste disco podemos atopar nove temas de música de raíz galega, músicas de autor e músicas do mundo arranxados dende linguaxes que se achegan ao pop, o bravú, o tango e rescursos musicais e tecnolóxicos moito máis actuais.
Acompañado de artistas como Álex Lorenzo (guitarras), Fran Castro (teclado, baixo), Pulpiño Viascón ( serrucho musical, zendrum, percusións), Eduardo Méndez (saxo tenor e sorprano, frauta traveseira), Silvia Penide (voz), Xandre Outeiro (zanfona e coros), María López (voces) ou un coro de homes de agrupacións como "Os Estalotes" ou a coral "Cantigas e Agarimos" atopámonos diante dun disco moi interesante, rico en matices, sorprendente na súa mestura e masterización, e no que a bagaxe escénica de Quinteiro aflora por todos os poros para conformar un tracklist que vai moito máis alá da esfera musical e que, despois dos anos, envellece como un bo viño e non deixa indiferente a ninguén.
Diego Ameixeiras
Escritor e xornalista >
"Da súa voz e das súas mans emerxe unha paisaxe no que cohabitan tangos, muñeiras e pasodobres con alalás e xotas, atravesado por sonoridades que se arriman á sinxeleza pop e á contundencia do bravú coa mesma naturalidade coa que se presentan a peito descuberto".
Nonito Pereira
Crítico Musical >
Nelson Quinteiro exerce de "vocalista" multidisciplinar dándolle aos pedais de loop, delay ou outro tipo de recursos tecnolóxicos que converten as melodías tradicionais galegas e as músicas do mundo nun "guirigai" musical e saleroso,completamente vixente e actual.
Miguel Espigares
Radio Crónica Folk Music >
"Un trabajo lleno de matices y que recoge perfectamente las fusiones más exuberantes y
comprometidas de un músico espléndido y que dará mucho que hablar en los próximos años".
Fernando Íñiguez
RADIO 3 RNE
“Un disco con mucha enjundia y que resulta conmovedor por la forma de ver su recreación del el
folklore de su tierra, de Galicia, pero mezclándolo con otras culturas o lugares mucho más lejanos".
Martínez Sevilla
Crítico Musical >
Un mundo evasivo e intelixente. Que se xustifica pola súa tolemia tímbrica. Desazón no uso de pedais e outras armas acústicas para crear polifonías, escenas sonoras e outro tipo de recursos tecnolóxicos… Todo envasado nun formato e montaxe teatral de primerísima magnitude.