top of page
PEQUENO CABARET INFANTIL A3.jpg

AUTONOMÍA TÉCNICA.

Os nosos espectáculos infantís están pensados para ser autónomos a nivel técnico, aportando o noso propio equipo de son de 4000 w (Dúas pantallas HK POLAR 10), axeitado para aforos e formatos medios, así como máquina de fume.

Os orzamentos inclúen este equipamento, así como unha persoa de asistencia técnica e de produción.

A ficha técnica redúcese a permiso de circulación e estacionamento para NISSAN NV200 7813LYP, toma de corrente de 220 v e camerinos con auga corrente e espellos. No caso de optar por tarima ou escenario, o tamaño ideal é de 6 x 4 m, cunha altura de 0,60 m

No caso de espazos non convencionais dispoñemos de xenerador de CA 220 v!

Pequeno Cabaret Infantil

Presentación:

"Descubre o encanto do "Pequeno Cabaret Infantil", onde os contos tradicionais cobran vida nun ambiente divertido e creativo.

Risas, música e sorpresas agardan a grandes e pequenos nesta experiencia teatral única. Unha oportunidade para gozar en familia dunha tarde de entretemento e complicidade."

Descripción:

"O "Pequeno Cabaret Infantil" é un orixinal espectáculo en forma de monólogo humorísitico para nenos e nenas de todas as idades (de 3 a 99) que transforma os contos tradicionais nunha experiencia divertida e cómica. Co mestre de cerimonias "Pedriño Mendrugo" e a súa pulga internacional "Jacinta Florette" como guías, os espectadores mergúllanse nun mundo de risas e sorpresas mentres descobren unha nova versión dos contos de sempre.

Cunha escenografía especial que recrea unha barraca de circo antigo na rúa e un ritmo frenético, este espectáculo ofrece interacción co público, cancións divertidas e coreografías entranables. Unha proposta teatral que enche de ledicia, música, cor e animación a túa praza  dun xeito máxico e evocador!

  1. Nome do Espectáculo:

    • Pequeno Cabaret Infantil

  2. Palabras Clave Relacionadas:

    • Espectáculo infantil

    • Teatro de rúa

    • Cabaret

    • Humor

    • Deconstrución de contos

    • Perspectiva de xénero e diversidade

    • Risas

    • Creatividade

    • Interacción co público

    • Contos tradicionais

    • Música

  3. Estilo Artístico:

    • Humorístico

    • Creativo

    • Teatral

  4. Público Obxectivo:

    • Nenos

    • Familias

    • Espectadores de todas as idades

  5. Temas:

    • Deconstrución de contos

    • Imaxinación

    • Diversión

    • Sorpresas

  6. Experiencia Ofrecida:

    • Risas garantidas

    • Participación activa

    • Entretemento familiar

  7. Duración do Espectáculo:

    • Espectáculo dunha hora

    • Espectáculo para toda a familia

  8. Outros Detalles Relevantes:

    • Escenografía especial

    • Vestiario e caracterización de calidade

    • Interacción co público

    • Cancións divertidas

    • Coreografías entrañables

 

Datos de interese:


Un espectáculo que vén avalado por máis de cen funcións e citas tan prestixiosas como o Festival Portamérica (estrea), Feira Modernista de Sada, Festival Interritmos (Asociación DELOA-Fundación Paideia), Rilla na Rúa, Festival Galego de Cabaré de Redondela, Feira do Vento de Lalín, Feira de Oficios de Cambados, Pequeno Circo de Nadal Rianxo, Pequeno Circo de Entroido A Coruña, Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas do Morrazo, Festival TRAN TRAN de Payasos de Fuerteventura, Festival NOSOLOCIRCO 2018 de Circo Contemporáneo de Extremadura, Día Internacional contra o Bullying en Iruña de Oca (Álava)Feira Modernista de Cartagena, etc...

bottom of page